20 jun 2009

Encontro con Maria Emilia Casas, Presidenta do Tribunal Constitucional

Hoxe foi un día intenso e cheo de cousas interesantes. Recibimos na Facultade de Ciencias Xurídicas a Maria Emilia Casas, a Presidenta do Tribunal Constitucional, que despois de pedir un minuto de silencio polo atentado de onte en Bilbao, fixo unha interesante exposición sobre o dereito á folga. Para os organizadores do Master Interuniversitario sobre Xestión e Dirección Laboral, foi unha verdadeira honra contar cunha personalidade da talla de Maria Emilia Casas na clausura do mesmo.É unha verdadeira mágoa que un programa interuniversitario coa calidade do Máster que hoxe se clausurou, vexa peligrar a súa continuidade pola deixadez do equipo de goberno actual na Universidade de Vigo. Ningún membro do equipo de Alberto Gago estivo presente na ceremonia de clausura, nin sequera para recibir á Presidenta do TC.
O Faro de Vigo recolleu a noticia nas súas follas.Engadir algún comentario sobre a charla.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.