21 oct 2009

XERENCIA

Quero sintetizar a nosa toma de postura no tema da estrutura xerencial da Universidade de Vigo. Sempre nos pareceu acaído que a xerencia estivese desenvolvida por unha persoa allea á Universidade de Vigo. No noso modelo cabía a posibilidade de que houbese vicexerencias, no ben entendido que estarían atribuídas a persoal ao servizo da Universidade de Vigo.
Moito se ten comentado dos custes da estrutura da que se dotou a Universidade de Vigo. Desde logo, non vou ser eu o que aprobe un gasto absolutamente suntuoso en tempos nos que nos vai tocar meter as tesoiras en moitas partidas, para manter o investimento no máis esencial. Pero si que quixera salientar dúas cuestións: a súa dimensión dunha banda e a súa dependencia doutra.
Canto á dimensión da xerencia, a súa desproporción é evidente. Para unha dimensión de cadro de persoal que non chega ás mil persoas de administración e servizos, non é xustificábel contar con seis vicexerencias! máis unha xerenta. Non son admisíbeis estes números, que falan ás claras de fallas de eficacia e de solapamento de estruturas. Por outra banda, constitúe unha auténtica administración paralela da que a súa ¿coordenación? co equipo de goberno debería quedar máis explicitada.
Pero máis grave é a súa dependencia. A Universidade de Vigo -o seu Goberno- ten optado por un modelo de dirección do Emprego Público moi "moderna" na que abondan os cargos que veñen de fóra e que adebedan ao reitor ou ao seu equipo a pertenza á institución, débeda que, desde logo, pon en cuestión a súa mínima independencia na xestión, se é que existe nalgures. Na miña cativa experienza na confección de RPTs para Corporacións Locais, sempre fixen fincapé na despolitización da xestión de persoal. Claro que semella que a Universidade é, tamén para isto, "sitio distinto".

6 comentarios:

  1. Jaime, permíteme una sugerencia: a veces parece contradictorio que digas "no" a una estructura como la gerencia y por otro lado digas que estás a favor de "despolitización da xestión de persoal".
    Pregunta a alguien del departamento de organización de empresas e infórmate de lo que supone la dirección y gestión de cualquier entidad y la diferencia entre unas funciones de Rector/Vicerrectores y un gerente.
    O en todo caso, ¿cuál es el modelo de dirección y gestión que propones?. Es fácil que no estás de acuerdo con el sistema actual, pero no se lee una alternativa... date cuenta que si quieres pasar de "oposición" a rectorado deben verse soluciones concretas.
    Yo estoy a favor de contar con personal de administración y servicios precisamente para descargar al PDI de trabajos que poco tienen que ver con la docencia e investigación: lo que tiene que asumir un cargo poco remunerado y poco agradecido de un secretario de facultad ni te lo imaginas. Ojo: aquí se puede aplicar la idea de que "el mejor cirujano no tiene por qué ser el mejor director del hospital". Si decimos a las empresas que deben formarse y contar con personal especializado en su campo de saber... ¿debe ser la universidad distinta y no contar con especialistas en dirección y gestión profesionales?? ¿cómo se hace en universidades de referencia internacional??
    hechos, no palabras

    ResponderEliminar
  2. Dende logo, a relación calidade/prezo deixa moito que desexar. Con este macroequipo xerencial (en termos numéricos e económicos) deberiamos ter unha Universidade cunha xestión "excelente", mais o que temos é un deterioro continuo e que non cesa. Estarán máis ocupados en manter o tipo que en solucionar realmente os problemas estruturais, e así lles/nos vai...

    ResponderEliminar
  3. ¿Cuándo, antes del 22 de Octubre de 2009, NOVA se manifestó en algún órgano de gobierno - ¿en qué acta consta? - o públicamnete, no sobre la estructura de la Gerencia, sino sobre los sueldos que ahora están de moda y son claramente desproporcionados?
    Esos salarios se han hecho públicos ya hace mucho tiempo en medios nacionales ¿Qué dijo e hizo NOVA antes de este blog?
    Siendo el candidato de NOVA un especialista de derecho del trabajo podría aclarar si ¿es legal que una persona que ocupa el cargo de Gerente con semejante sueldo, que supongo que corresponderá a gran responsabilidad y dedicación mas que exclusiva, viva en un municipio diferente al de Vigo? En caso afirmativo ¿es, además de impresentable, recurrible o denunciable el hecho asociado de los gastos de taxi o chófer diario de los desplazamientos, no ocasionales, de la Gerente?

    ResponderEliminar
  4. Sigue faltando respuesta a la pregunta de cuándo NOVA se manifestó, con constancia del hecho, sobre los sueldos desproporcionados, no sobre la estructura que es otro tema, de la gerente+vices.

    ResponderEliminar
  5. Logo de ver un dos comentarios a esta reflexión, quero engadir que o noso modelo pretende despolitizar a xestión, isto é, pasar de sete a un cargo externo e cubrir as vicexerencias -non máis de tres- con persoal ao servizo da Universidade de Vigo. Cando falo de "despolitización" falo, no fondo, de profesionalización do servizo, dunha máis clara rede de relacións entre o goberno da Universidade e as xefaturas de servicio e de aproveitar todas as capacidades e potencialidades do PAS funcionario e laboral. Entendo que o posto de xerencia é de estrita confianza e si que me parece acaído que se trate dunha persoa allea á Universidade de Vigo, iso si, un funcionario público do grupo A1.

    ***
    Un breve comentario adicional. Como catedrático de Dereito do Traballo non vexo ilegalidades no tema da xerenta, que está expresamente previsto no Estatuto Básico do Empregado Público. O que si vexo é unha clara inconveniencia política de que haxa seis vicexerencias.
    Desde logo que Nova ten modelo de xerencia e o explicitou en moitas ocasións: cando Alternativa Universitaria defendía un modelo de xerente interno, Nova apostou por un modelo de xerente externo, pero como única persoa allea á Universidade de Vigo. O que sucede é que Alternativa ten agora a fe do converso na xerencia externa, con desproporción e abuso económico evidente.

    ResponderEliminar
  6. Desde mi punto de vista de funcionario pas entiendo que el gerente debe ser, sin niguna duda, ajeno a la universidad, no creo que sea necesario que sea funcionario de cualquier otra administración, lo que debe ser, insisto, es un/una buen/buena profesional y conocedor de la administración pública. En cuanto a las vicegerencias creo que debería decidir el gerente, ya que serán sus cargos de confianza. Una aclaración para los preocupados por la igualdad: el masculino es genérico

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.