22 abr. 2012

A UNIVERSIDADE DE VIGO NO CONTEXTO DO DESPROPÓSITO DE ONTE

Logo de pasar un día en Jerez na lectura dunha fantástica tese doutoral e de volta a Vigo, de novo caín no desacougo. A tese referíase aos contratos de traballo en prácticas e, entre outras cuestións, adicáballe unha fonda reflexión aos contratos de investigación e do entorno da Universidade. A xa doutora, Paz Fernández Díaz,realizaba propostas moi acaídas de renovación das carreiras universitarias. Foi moi curioso ter que darlle nada máis que Apto, en aplicación dos límites normativos do RD 99/2011, cando era un traballo extraordinario. En verdade, a súa lectura e discusión encheume de ideas novas na dialéctica univeritaria. O sábado pola mañá viaxei en avión de Madrid a Vigo e atopeime na viaxe cun compañeiro e amigo de Universidade, votante de boa fe desa lameira que é Alternativa Universitaria. Algo discutimos do proxecto e das liñas básicas que saíran na prensa e que eu aínda non leera. Pasara a tardiña do venres en Jerez cos amigos do Departamento de Dereito do Traballo, parolando das nosas cousas e diante duns brandys de Sanlúcar. E ao chegar á noite a Madrid, xa non quixen máis que deitarme, sen abrir internet. Con todo, no avión xa lle pronostiquei ao meu amigo que nada ía facer o reitor da Universidade de Vigo por non amolar á súa base de votantes do PDI-A. Onte á noite leín este novo decretazo do Goberno. A reforma da LOU de novo reflicte o pensamento da dereita verbo do modelo de sociedade e de Estado. A un lle gustaría que lle adicara máis tempo a pensar no servizos públicos e menos á defensa dos intereses da familia Bruffau. Seica eu son un pequeno investidor da YPF. Non me consta. Pero debaixo dos produtos financieros descoñecidos que teño con entidades de crédito –en particular, meu cativo fondo de pensións-, pode que si. Pero non me parece que García Margallo teña que crear tensións diplomáticas innecesarias para defender executorias dunha empresa que probablemente se comportou con pouca responsabilidade social na Arxentina. Eu, como galego, quérolle demasiado a Arxentina como para non lembrar que tamén antes foi nacionalizada certa empresa de viaxes comerciais da que era propietario alguén tan “intachable” como don Gerardo Díaz-Ferrán. E daquela pareceume ben, moi ben. Ao que ía: o novo decretazo establece, por norma con rango de lei, o número de cretos ECTS que ten que impartir un PDI en función do número dos seus sexenios, da clase de funcionario –TU ou asimilados ou CU-, e da data de recoñecemento do último sexenio. É dicir, fixa a súa carga docente por parámetros continxentes. A min paréceme be que se premie ás boas traxectorias académicas. E mesmo pode pacererme ben que se penalicen as malas. Pero non acredito nun sistema que penalice en termos docentes o feito de non ter obtido sexenios. Lémbraseme a vella norma que contemplaba para os titulares de Escola Universitaria a docencia de 32 cretos. Pero a nova é moi distinta: o que se penaliza é que non se concedan sexenios no último tramo, o que desde logo pode obedecer a causas moi diversas. Con todo, mesmo admitiría unha norma con rango legal que habilitara certos marxes de actuación ás universidades, dentro de certos parámetros máis flexibles –vg., non ter obtido ningún sexenio nun espazo temporal moi dilatado-. Pero o que fai o Goberno é un despropósito, que dificulta poder proxectar cadros de persoal a longo prazo. Porque as necesidares docentes e investigadoras pasan a ser continxentes dos resultados que obteña cada PDI. E ademáis lanza un sinal pésimo: que é unha parvada planificar, que logo xa virá o PP cunha ocurrencia. A designación de “sabiondos e sabiondas” para reformar a Universidade anuncia novas reformas. A cobertura argumental xa está por adiantado. Sen que se nos explique que criterios de selección se fixeron para, vg., que non haxa ningún representante das Humanidades, un alto grao de “madriñelización” dos membros e unha presenza unicamente testemuñal das universidades periféricas. Neste contexto, a nosa querida Universidade de Vigo xa ten unha estupeda coartada para non organizar nada, para non racionalizar a estrutura do PDI, para conceder grazas e favores aos afíns e aplicar aos demáis a lexislación vixente. E, canto máis embarullada estea a lexislación vixente, mellor para os de Alternativa Universitaria. Desde hai tempo que sosteño que hai unha unidade de destino no universal entre o goberno da U. de Vigo e o da Xunta de Galiza, centrado no entusiamo de D. Salustiano coas decisións que anuncia a Consellaría de Educación. Pero agora o señor Wert ven de facerlle outro galano inesperado ao equipo reitoral, que xa ten outro motivo para estarlle moi agradecido: un barullo máis nas obrigas docentes do PDI. O dito: malos tempos para a racionalidade e bos para xente ocurrente. Nada de organizar carreiras académicas e profesionais. Mellor ir á toa. E pensar que a Universidade, como a Administración pública, réxese polo principio do spoil system. O PDI-A non somos senón clientes do reitor. E mágoa dos novos investigadores. A súa carreira non terá que ver máis que con afeccións e desafeccións. Nada con necesidades racionais e obxectivas da estrutura universitaria.

15 abr. 2012

¿VA A RECORTAR EL GOBIERNO DEL PARTIDO POPULAR EL DESEMPLEO?

La respuesta es, evidentemente, que sí. Fundamentalmente, porque el presidente del Gobierno ha dicho justo lo contrario, lo cual es señal inequívoca de que se reducirá la protección por desempleo. Pero hay datos casi tan objetivos como la estadística de mentiras del Partido Popular: se trata de una comparación de los créditos destinados a desempleo en las leyes de presupuestos para 2010 y 2011 y el proyecto de 2012. Ayer discutí de este tema con mis amigos Nati y Luis, de CIG, que andan algo asustados con ese mantra de que va a haber una ley de acompañamiento.
Para 2010 se presupuestaron 30974 millones de euros para desempleo. Para 2011, la dotación bajó a 30474, bajada que se argumentaba porque el empleo crecería en 0’3 puntos. ¡Desde luego, ahora suena casi a broma! No cabe duda de que hubo que echar mano de fondos de contingencia para superar este importante desfase.
Pero ahora el proyecto de ley de presupuestos contempla 28805 millones. Es decir, una bajada del 5’5 por 100. La diferencia con 2011 es que ahora el Gobierno apuesta por que crezca el desempleo en más de 600 mil personas más. De estos nuevos desempleados –los cuales, según la doctrina Cospedal previa al 20 noviembre 2011, son responsabilidad exclusiva del Gobierno-, me imagino que alguno tendrá derecho a prestación o subsidio por desempleo. Por consiguiente, no sé cómo puede afirmarse que crece el número de desempleados y al mismo tiempo baja ostensiblemente el crédito para desempleo. Los “tanques de pensamiento” del PP dicen que se va a incrementar la lucha contra el fraude. Pero no me parece que eso llegue para enjugar ese 5’5 por ciento menos más 600 mil parados más.
¿Dónde está la respuesta? Quizá en la Ley de Acompañamiento. Quizá en otro sitio. Se admiten apuestas: ¿retirada de la prórroga de los subsidios asistenciales de desempleo? ¿Descenso del porcentaje de la tasa de cobertura? ¿Incremento de la carencia? ¿Reducción de la duración?¿Exclusión de la cobertura para ciertas modalidades contractuales o colectivos? Bueno, a lo mejor es que soy muy malpensado y se ha tratado de un lamentable error aritmético que se va a corregir durante la tramitación parlamentaria del proyecto.
Yo más bien soy pesimista. Los tanques de pensamiento del PP no son tales, sino tanques de liquidación de derechos sociales. Ez vezdaz que D. Mariano dice que los prezupueztos no le guztan un pelo. Pero mucho menos nos gustan a la gente civilizada. Me ha llamado la atención que ya se reserva más dinero para afrontar la deuda pública que el desempleo. Haría bien el Gobierno en reconocer que tienen una deuda más grande con los desempleados que con los bancos.
También me gustaría recordar que el desempleo es una prestación de Seguridad Social. No un juguete de la Dirección General de Empleo. La misma lógica que produce un incremento del crédito para pensiones debería aplicarse en el caso del desempleo. Y se dirá que también se rebajan en 1.500 millones de euros otras prestaciones de Seguridad Social. Vamos a ver qué pasa con las bajas médicas y con las funciones de las mutuas. Pero el futuro pinta mal. Con paso firme, caminamos hacia la más absoluta flexiinseguridad. Este es el modelo social que, según el PP, existe en Europa. Los demás somos unos ignorantes.

12 abr. 2012

OS QUE SI ACREDITAMOS NA POLÍTICA DE EMPREGO…

…Percuramos respostas. Desde hai anos confiamos nas axencias privadas de emprego. No ámbito internacional, desde 1997 abrísmoslles as portas de par en par para que foran institucións ao servizo do emprego, con ou sen ánimo de lucro. Así se fixo no convenio 181. En Europa, admitimos que os monopolios públicos da colocación ineficientes eran contrarios ao Dereito da competencia. E, pouco a poco, tamén no Reino de España fumos dándolle espazo ao sector privado, ata a reforma do 2012 que liberaliza totalmente na práctica a actuación das empresas de traballo temporal como axencias integrais de emprego. Fixemos grandes protestas de integración do sector público e do privado, da atención aos principios de gratuidade para os traballadores e de non discriminación e de salvagarda das persoas con máis dificultades de acceso ao mercado de traballo. E agora que?
A pregunta é de rendibilidade social. E de responsabilidade social. As axencias integrais de emprego pasan a ser corresponsabeis da desfeita que está a ocorrer na nosa realidade co emprego. O sector privado necesita lexitimarse. A cidadanía non pode admitir que o mercado do emprego non mellore a súa eficacia coa liberalización e privatización dos servizos de emprego. Porque, se a situación non mellora, hai que darlle a súa cuota parte de culpa e de fracaso a entidades como Adecco ou Manpower, por pór dous exemplos das multinacionais máis coñecidas. Se naceron e se desenvolveron ata a súa dimensión actual baixo a premisa da ineficacia dos servizos públicos de emprego, e se a eficacia do mercado da colocación non mellora sensiblemente a medio prazo, nese caso o seu mantemento ou a súa promoción serán pura ideoloxía.
Por suposto que hai que darlles tempo. E por suposto que o mercado de traballo entrou hai tempo nunha espiral destrutiva da que non é doado saír. As axencias integrais de emprego non son culpabeis da situación actual…Pero son corresponsabeis de que saiamos canto antes do horror no que estamos instalados hai tempo. E máis corresponsabeis na medida en que o Goberno deste noso Estado puxo todos os ovos na mesma cesta.
Levamos tempo escoitando aos mass media e ao spam do pensamento único a leria de que os servizos de emprego públicos son ineficientes. Claro que o son se ninguén aposta por eles. Se no noso sistema a xente desempregada non ten atención persoalizada, non hai realmente itinerarios de reinserción profesional, non hai seguimento e titorización dos procesos individuais de emprego e empregabilidade, é por culpa de que os cartos se destinan a bonificacións de dubidosa utilidade, ou a outros destinos diferentes de políticas activas e acaídas de emprego. Se temos un servizo público de emprego de saldo, non se lle poden pedir miragres. O que fai a reforma do 2012 é esclerotizar aínda máis os servizos de emprego. Prepararlle o camiño a esta Lei de Presupostos que camiña ameazante polos trámites parlamentarios como un tranvía a piques de descarrilar. Unha lei que vai servir para minguar aínda máis o servizo de emprego público e reducilo á mínima expresión.
Xa que logo, a dereita deste país optou por voltar aos tempos previos ao Convenio nº 2 da OIT. Tempos de inexistencia de servizos públicos e de traficantes de man de obra sen escrúpulos, inxeridos nas mafias de comezos do século XX. Segundo a doutrina do Goberno actual, ao Estado lle corresponde a mesma actuación en materia de colocación que a que lle correspondía á Administración americana dos anos dez ou vinte do século pasado. Por suposto que Addeco ou Manpower non son mafias. Son, non cabe dúbida, entidades máis respectables e máis respetuosas co emprego que os políticos que hoxendía nos desgobernan.
Con todo, as axencias integrais do emprego non teñen dereito a defraudarmos. Depositamos nelas a última esperanza de rexeneración do emprego. Xa sei que o seu reto é inabordable, porque en España non poden contar coa colaboración dun servizo público eficiente. Que foi destruído por políticos moi ideoloxizados e por administracións autonómicas extraordinariamente incompetentes.Pero, se as cousas non melloran, a única culpa que cabe atribuír é ás entidades ás que se lles confía a colocación. Desde logo, non ao Servizo Público de Emprego Estatal. Porque a ministra “de Emprego” –coitada, non ela, senón os seus asesores áulicos- non acredita no servizo público.

2 abr. 2012

ORZAMENTOS 2012: MONTORO, PERRUQUEIRO MANSTESOIRAS. Ú-A EMPREGABILIDADE?

Hoxe, día no que a xente verdadeiramente importante visita a Axencia Tributaria para contribuír solidariamente cun 10 por 100 das súas rendas e para soster con altruísmo o Estado do benestar, estamos no día anterior ao que Cristóbal Scissorhands vai entregarlle ao presidente do Congreso unha memoria USB. Seica contén unha pequena poda de certas partidas de gasto, destas que a Comisión Europea recetou para sermos máis fiabeis.
Os que non sabemos nada de economía, mantémonos á marxe da discusión de números. Preguntámonos se esta leria da baixada da débeda a dous anos vista é tan urxente como expresa Olli Rehn ou menos, como opinan outros que a un lle merecen algo de confianza, como Paul Krugman. E pregámoslle aos votantes do Norte dos Pirineos que lle volvan as costas ao principiño Sarkozy-Bruni, para que comece canto antes unha nova onda de socialdemócratas-despilfarradores.
Nada diso quero comentar hoxe. Unicamente unha pequena cuestión do proxecto de orzamentos que o pasado venres aprobou o Cortello de Ministros –digo, o Consello de Ministros-. Entre as baixas ás partidas, unha que me chamou a atención é a de políticas activas de emprego. Hai, desde logo, outras moitas con máis cheiro antisocial. Estou certo de que, cando menos, o ministro de Xustiza vai preguntarlle a García Margallo se as mulleres mauritanas sofren violencia para non seren nais. Pero como diso non cómpre falar, ollemos con lupa a baixada de presuposto en políticas activas de emprego.
A reforma laboral era para crear emprego. Non si? Os que non pensan que o vai crear son ruíns e mentireiros, resentidos e malpocados –eu un deles, por certo-. O Goberno vai crear emprego baixando as partidas de políticas activas. Pero, ollo, non as achegas que se van destinar a bonificacións empresariais, esas non. Para algo están no Decreto-lei 3/2012. As axudas de emprego destínanse aos empresarios, non aos traballadores. Non hai que mellorar a empregabilidade dos traballadores, senón hai que darlle bonificacións ás empresas como premio para contratar con períodos de proba dun ano. Os traballadores non necesitan formación, porque temos traballadores xa ben formados. Iso, desde logo,é o que pensa o Goberno. A prioridade non é formativa. Que se vai obter? Emprego de calidade? Emprego cualificado de profesionais? Man de obra formada? Xa se sabe, ao Partido Popular non lle gosta a xente subvencionada…Unicamente as empresas subvencionadas.
Hai que pedirlle a Don Cristóbal que lle pregunte ao sr. Rehn que percentaxe do PIB se destina en Finlandia a políticas activas de emprego. E que lle diga que, para ser tan fiábel como quere Don Olli, está disposto a adicarlle o mesmo no Reino de España. Non vaia ser que sexamos un país pouco merecente de confianza!!!